SORTEO DE DÚAS EXPERIENCIAS PARA PARTICIPAR NA MEDIA MARATÓN OS 21 DO CAMIÑO

A organización da media maratón Os 21 do Camiño sortea dúas experiencias para desfrutar o 17 de xuño de 2023. Cada unha das experiencias inclúe:

  • Un dorsal para participar na carreira,
  • e unha estancia en Hotel Trina 20, sito en Palas de Rei -vila de onde parte a carreira-.

A estancia no hotel será en habitación dobre para dúas persoas con almorzo incluido. Os agraciados e acompañantes poderán facer check-in a partir das 14.00 horas do 16 de xuño de 2023 e disporán de late check-out ata as 16.00 horas do día seguinte, data da celebración da media maratón, coa fin de que poidan vivir a experiencia completa na xornada.

O sorteo terá lugar o venres, 09 de xuño, ás 21.00 horas.

BASES DE PARTICIPACIÓN
Poden participar no sorteo de forma gratuita tódalas persoas maiores de idade que cumpran os seguintes requisitos:

  • Sexan seguidores en Instagram de Os 21 do Camiño (@os21docamino) e Hotel Trina 20 (@hotel_trina_20).
  • Fagan like nalgunha das publicacións que anuncian o sorteo.
  • Mencionen en comentarios a unha persoa nalgunha das publicacións do sorteo.
  • Participen dentro do prazo de validez do sorteo (do 04.06.2023 ata ó 09.06.2023 ás 20.59 horas).

Cada participante poderá concursar as veces que o desexe, pero sempre citando no comentario a unha persona diferente.

Quedan excluidos da participación tódolos empregados e personas vinculadas á organización de Os 21 do Camiño  e de Hotel Trina 20.

CELEBRACIÓN DO SORTEO
O sorteo terá lugar o venres, 09 de xuño, ás 21.00 horas, e realizarase mediante un programa informático. Escolleranse dous gañadores e tres suplentes.

Os agraciados anunciaranse ó día seguinte nas stories de Instagram de Os 21 do Camiño. A organización contactará con eles a través dunha mensaxe privada. Se nun prazo de 72 horas non se ten resposta dalgún dos premiados para poder xestionar a entrega dos premios, este perderá a posibilidade de reclamar ó premio e procederase a avisar ó seguinte suplente.