COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK COOKIE_INFO_PARA

QUEDADA "OS 21 DO CAMIÑO" 2018

Abr 24, 2018

O vindeiro martes 1 de Maio (festivo nacional), faremos a xa tradicional QUEDADA DOS 21, na que faremos o percorrido enteiro da media maratón con diferentes ritmos de carreira.

Paralelamente e para todo aquel que o desexe, haberá unha andaina de 15 quilómetros dende Palas ata Melide. Dende a organización dispoñeremos buses dende Melide para Palas e ó finalizar, haberá transporte para voltar a Palas.

A inscrición será gratuíta mediante whatsapp no número que aparece no cartel, ou no mail: adcerne@gmail.com

Ó rematar, haberá un xantar de confraternidade na Parrillada Ramos polo módico prezo de 12€.
Contamos con vós!