COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK COOKIE_INFO_PARA

Benvidos á páxina de "Os 21 do camiño"

Os 21 do camiño nace en Setembro de 2013 da man da Asociación Deportiva Cerne, coa intención de facer unha carreira na que o corredor popular se sinta gañador dende o momento da súa inscrición.

Dita media maratón une as localidades de Palas de Rei (Lugo) e Melide (A Coruña) por un tramo espectacular do Camiño de Santiago no que podemos atopar asfalto, terra, empedrado ou monumentos medievais, todo esto enmarcado nun inigualable entorno natural.