Download Free Templates http://bigtheme.net/ Websites Templates
Jueves, 04 Junio 2015 00:00

Bases Concurso de Fotografía: Os 21 do Camiño

1. OBXETIVO

Dar a coñecer a media maratón polo camiño de Santiago no tramo entre Palas de Rei e Melide, asi como a promoción e divulgación de actividades deportivas e culturais no entorno da comarca e o achegamento ao deporte a través da fotografía.

2. TEMATICA

As fotos deberán realizarse durante o transcurso da media maratón “Os 21 do camiño” que se celebrará o 27 de xuño, e deberán estar relacionadas coa carreira e as actividades deportivas en torno a mesma.

3. PARTICIPANTES

Poderán participar no concurso todas aquelas persoas que o deseen, sin restricción de idade nin nacionalidade, salvo aquelas que formen parte do xurado do propio concurso.

4. OBRAS

Poderán presentarse un máximo de 5 fotografias por autor.

Quedarán excluidas aquelas que puideran resultar de mal gusto u ofensivas polo seu contido, e contrarias a legalidade vixente.

O autor deberá garantir que é o único titular de de todos os dereitos de autor sobre a fotografía que presenta a concurso, e responsabilizase totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas, asi como de toda a reclamación de terceiros por dereitos de imaxen.

As obras poderán publicarse na web e redes socias, tanto da organización como dos colaboradores, tanto do concurso como da media maratón.

5. PRESENTACIÓN

  • Deberán presentarse en formato jpg, con un peso máximo de 2 Mb.
  • Está permitida a manipulación da fotografía sempre e cando non desvirtúe a propia fotografía.
  • A data límite de presentación será o sábado 4 xulio as 24:00.
  • Deberán enviarse o seguinte correo: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
  • Deberá especificarse no asunto: concurso fotografía “os 21 do camiño”

No Correo deberá indicarse os seguintes datos de contacto: Nome e apelidos DNI Número de contacto Correo electrónico

Calquera obra fotográfica que non cumpla os requisitos establecidos nas bases serán descartadas.

6. PREMIOS

Concederanse tres premios as tres fotografías mellor valoradas polo xurado cunha cuantía total de 200 € distribuidos do seguinte xeito: 1º premio 100 € 2º premio 60 € 3º premio 40 €

Ningún autor poderá ser premiado con duas ou mais fotografías das que presente.

A renuncia a un premio, calquera que sexa o motivo, non dará lugar a compensación alguna.

Cunha selección das fotografías realizarase unha exposición itinerante para a promoción de futuras carreiras.

falla do xurado do xurado publicarase na web e redes sociales, da carreira, da Ad Cerne e de ENFOCAME antes do 14 de xulio.

7. XURADO

O xurado estará formado por tres persoas, duas de elas membros da asociación Encontros Fotográficos e Culturais de Melide (ENFOCAME) e un membro da asociación deportiva Cerne, organizadora da carreira.

Servicios

  • Recogida de dorsales +

    Los dorsales se recogerán el día de la prueba en la Plaza de Palas de Rei, en horario de 11:00 Leer Más
  • Bolsa de corredor +

    Leer Más
  • Horarios autobuses +

    La organización pondrá un servicio de autobuses para los corredores que previamente lo soliciten(requisito imprescindible). La salida de los autobuses Leer Más
  • 1

Organiza

Patrocinadores