Download Free Templates http://bigtheme.net/ Websites Templates

Reglamento

1. A Asociación Deportiva Cerne organiza a media maratón“Os 21 do Camiño”, que se disputará o vindeiro 25 Xuño as 18:30 horas entre as localidades de Palas de Rei e Melide.

2. A carreira terá saída da praza de Palas de Rei dando unhas voltas polo pobo,para despois coller o camiño de Santiago ata a localidade de Melide, para completar os 21,097 metros. Polo tanto é unha combinación entre terra e asfalto, sendo a maior parte da carreira por terra.

3. Proba oficial da FGA con distancia non homologada

4. As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non más tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.

5. A participación de atletas estranxeiros en competicións de ruta de carácter autonómico rexerase polas regras de competición 2015 publicadas no sitio web oficial da RFEA , e en especial o artigo 3.4 (páxina 72 do manual), que se pode consultar no seguinte enlace: http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2015/00Reglamentacion2015.pdf

6.Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores

7. Poderán participar todos aqueles corredores que o desexen que cumpran o requisito de ter cumpridos os 18 anos o día de celebración do evento.

8. A competición estará cronometrada pola empresa championchipnorte, e cada corredor deberá levar un chip electrónico que lle proporcionará a organización.

9. Os participantes terán varios puntos de avituallamento líquido e sólido durante o percorrido , así como outro a chegada a meta. Os avituallamentos estarán colocados onde a organización o estime conveniente.

10. A carreira discorrerá na súa maior parte polo camiño de Santiago, patrimonio da humanidade, por iso facemos un chamamento polo sentidiño e a colaboración dos participantes, para que procuren arroxar as botellas nas zonas próximas aos avituallamentos (haberá contedores) co fin de deixar o recorrido tan limpo como o atopamos antes do evento.

11. Os participantes recibirán unha bolsa de corredor con regalos, instrucións, dorsais e chip.

12. Os cinco primeiros clasificados masculinos e femininos en categoría xeral recibirán premio económico:

  • 1o clasificado masculino: 400 euros
  • 2o clasificado masculino: 200 euros
  • 3o clasificado masculino: 150 euros
  • 4o clasificado masculino: 100 euros
  • 5o clasificado masculino: 50 euros
  • 1o clasificado feminino: 400 euros
  • 2o clasificado feminino: 200 euros
  • 3o clasificado feminino: 150 euros
  • 4o clasificado feminino: 100 euros
  • 5o clasificado feminino: 50 euros

13. Estableceranse as seguintes categorías de competición, habendo trofeos para cada categoría, non sendo estes acumulables:

  • PROMESA/SENIOR De 18 a30 anos cumpridos o dia da proba
  • VETERAN@ A De 31 a 40 anos cumpridos o dia da proba.
  • VETERAN@ B De 41 a 50 anos cumpridos o dia da proba.
  • VETERAN@ C De 51 a 60 anos cumpridos o dia da proba.
  • VETERAN@ D Mais de 61 anos cumpridos o dia da proba.
  • CORREDOR LOCAL Empadroado en Terra de Melide ou na comarca da Ulloa
  • XERAL todas as categorías

14. Éste ano,como novedad, haberá unha cronoescalada cronometrada no lugar do Mato, dende o km 11 hasta o 12,600 da carreira. Haberá trofeo e premios en lotes de produtos para os que lles leve menos tempo eses 1,600 metros e rematen a media maratón, este premio non é acumulativo cos 5 primeiros clasificados da categoria xeral.

15. A organización poñerá servizo de autobuses para os corredores que previamente o soliciten (requisito imprescindible). Saída de Melide do Cantón de San Roque dende as 16:00 horas e cada 15 minutos cara Palas de Rei. O finalizar o evento tamén se disporá de transporte de regreso a Palas. Imprescindible apuntarse antes.

16. A inscrición no evento é a través de www.championchipnorte.com, onde se solicitará o servizo de autobuses. O aluguer do chip para os non propietarios do chip amarelo terá un custo de 1 euro.

O custo de inscrición para os propietarios será de:

  • 15 euros ata o 15 de Xuño.
  • 20 euros dende o 16 de Xuño ata o 22 de xuño. Pasada esa data non se poderá inscribir mais xente.
  • Fai click aquí para inscribirte

17. O evento esta limitado a 700 persoas. Unha vez que se acade este límite non se poderán inscribir mais .

18. Tamén se disporá dun servizo de transporte de mochilas, servizo gardarroupa e duchas en ambos concellos.

19. A carreira discorrerá en gran parte polo trazado peonil do Camiño de Santiago, cruzando a estrada en escasas ocasións. A organización poñerá medios para controlar o paso dos participantes. Os participantes deberán atender as normas de circulación en caso de atoparse con camiñantes durante a proba.

20. O tempo máximo de realización da proba é de 3 horas dende a saída, polo tanto ata as 21:30 horas. A partir de aí retíranse os controis tanto persoais como electrónicos e o participante continuará pola súa conta sen ter garantida a atención por parte da organización.

21. A proba contará cos servizos médicos regulamentarios para unha proba de menos de 750 participantes. En liña de meta haberá servizo de fisioterapia gratuíto.

22. Os dorsais recolleranse o día da proba dende as 11:00 a 13.00 e de 15.00 ata as 18:00 horas na praza de Palas. Deberase presentar o DNI, e para recoller o de outra persoa deberase acudir con fotocopia do DNI de esta. Salvo causas de suspensión da proba non se terá dereito a devolución do importe unha vez inscrito aínda que o corredor non poida participar.

23. Non serán admitidos corredores que non estean inscritos ou corran sen dorsal e chip, impedindo que teñan aceso a carreira en defensa dos dereitos dos que regulamentariamente están inscritos.

24. Cada corredor acepta as normas da proba polo mero feito de inscribirse e tamén participa baixo a súa enteira responsabilidade, afirma ter un nivel de condición física suficiente para afrontar a proba e que pasou os pertinentes recoñecementos de saúde.

A organización e empresas colaboradoras non se fan responsables de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falla de forma física do participante.

O participante exime de toda responsabilidade a organización que puidera derivar da súa participación no evento (pérdida de obxectos persoais, roubo, lesión, atropelos, agresións...)

25. No referente á Lei Órganica de Protección de Datos: Tódolos corredores inscritos no evento aceptan a publicación do seu nome e posibles imaxes nas clasificacións, medios de comunicación e internet (páxina web do evento, de empresas colaboradoras, foros deportivos, etc)

NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13 - 15008 A Coruña.

Podcast Os 21 do Camiño

Inscripciones 2016

Precios

  • Desde 27/4/2016 al 15/6/2016: 15€
  • Desde 16/6/2016 al 22/6/2016: 20€

Inscripción en ChampionChip

Inscripción limitada a 700 atletas

Podrán inscribirse todos aquellos atletas que lo deseen, y el día de la prueba tengan cumplidos 18 años.

Concurso de Fotografia 2015

Primer Premio

concurso fotografia os 21 do camiño

Segundo Premio

concurso fotografia os 21 do camiño

Tercer Premio

concurso fotografia os 21 do camiño

Ver Fotos Presentadas a Concurso